Vítor Vaqueiro
Editorial Galaxia, 1998
Idioma: Galego
O roteiro ofrecido polo autor desta fantástica Guía da Galiza máxica, tan ben feita coma necesária, pretende achegar aos lectores o mundo da máxia, da lenda, do mito, ou do conto marabilloso que povoan a nosa xeografía.
É un acto de xustiza con aqueles lugares que ao seren visitados pasan desapercibidos nos manuais de arte, história ou xeografía que temos atá o momento, unhas veces magníficos por eles mesmos e outras insignificantes, mais non polos feitos acontecidos neles.
A modo de exemplo, é de sobra coñecida por todos a pedra de abalar que leva séculos sendo muda testemuña das traxédias dos mariñeiros na Costa da Morte, nembargantes pouca xente coñece a existéncia da princesa que enfeitizada de alfaias levaba ás súas costas o pedar dos cadrís, e que arestora fica inda baixo aquelas pedras.
Son estas e outras moitas curiosidades da Galiza as que nos oferta o libro de Vítor Vaqueiro, quen durante moito tempo adicou-se a recompilar todas estas histórias que agora poden ve-la luz nunha magnífica (e cara) edición publicada pola editorial Galáxia.