Net Force

1904

Tom Clancy
Headline Feature, 1998
Idioma: Inglés

Estamos no ano 2010 e a Internet converteuse de feito no sistema nervoso central do mundo. Se algún terrorista quere subverti-lo novo orde, será aquí onde ataque. Así pois, creouse unha nova organización necesária para detelos: a NetForce, unha equipa de marines e policías altamente adestrados e que teñen coma base de operacións a Realidade Virtual que constitúe a Rede, canda as equipas especiais de asalto sempre dispostas para loitar no mundo real co seu própio poder devastador.

Neste intre, un alto mando da NetForce é asasinado, conmocionando a toda a organización: se cadra, podería se-lo primeiro sinal de que algo moi grave está a se preparar. De feito, o brillante programador e megamalvado Vladimir Plekhanov xa ten na súa maquiavélica mente un plan argallado para trae-lo caos á Rede e así facerse co poder, no máis digno estilo do Profesor Inferno.

Coa axuda dunha panda de asasinos que semellan directamente extraídos de Mars Attacks (será porque tamén se divirten en Las Vegas), loitará nunha batalla polo domínio do mundo… virtual.

Unha novela pésima, se cadra o pior que escribiu na vida Tom Clancy, de non ser porque ben sabemos que á parte desta, hai outras cousas inda piores no seu haber (máis ben no seu debe), coma a obra na que retrata ós galegos coma aparvados campesiños ás ordes dos españois máis reaccionários. Algún día falaremos dela. Cando se conxee o inferno, se cadra.

Save

Total
Artigo anteriorGuía da Galiza máxica
Seguinte artigoCromosoma 6
net-forceUnha novela pésima, se cadra o pior que escribiu na vida Tom Clancy, de non ser porque ben sabemos que á parte desta, hai outras cousas inda piores no seu haber.