Alvaro Magalhaes
Ed. Xerais, 1998
Traducción: Anxo Angueira
Se non fose porque semella un mal chiste, diría que este libro é unha traducción ¡do portugués! Pero non-o direi porque ademáis de ser un mal chiste, dáme vergoña que os nosos irmáns lusofalantes poidan tan sequera pensar que non entendemos e mesmo falamos perfectamente a súa língua. E por se fora pouco, a editorial preséntano-la traducción coma se fose un grande mérito, porque apareceu en Galiza mesmo antes que en Portugal. O que hai que oír!
Magalhaes é un escritor ben coñecido en Portugal, onde escribe libros para nenos, con moita e ben merecida fama. Desta volta volve cuns persoaxes que xa tomara nunha série, a do Triángulo Iota, e fainos aparecer nunha história que comeza dun xeito misterioso e remata ó puro estilo James Bond ou Indiana Jones. Joel, Jorge e Joana deben facer fronte a un mistério moi extraño: na casa de Joel escóitanse as cancións de Jim Morrison e os Doors por un altofalante que non está conectado a ningures.
Chaman a un electricista (vaia ideia) e resulta que o fulano é un espía que lles quere sacar datos sobre unha conspiración mundial, na que está implicado un español chamado… (non por favor!) Manolo Escobar!! En fin, que o conto ten o seu interese para a xente xove e con ganas de lér algo refrescante e sen moitas pretensións, pero non debe lérse con intención de facer crítica por maiores de 16 anos.