¡Maldito DNI!

1705

Pepe Carballude
Ed. Xerais, 1998

Unha das fábulas urbanas máis extendidas na actualidade é esa de que en realidade non somos libres, senón escravos do sistema, que nos tén controlados baixo mil e unha formas, a cada cal máis sutil e informatizada… e tal e tal.

Ben, pois Pepe Carballude decidiu explotar un pouco esta paranóia que seica invade a máis dun, e deulle forma baixo o seu protagonista, Olimpio Montes, un home que un día decide que tódolos seus males radican nese documento de identidade, e que debe facelo desaparecer.

Pero canda o carné, tamén vai a súa persoalidade, polo que non ten outro remédio que facerse pasar por morto, simular un enterro, enganar á súa muller, fillos… en fin, tan complicado que ó cabo deberá recoñecer que se cadra, os seus problemas non veñen dados só pola existéncia dunha persoalidade xurídica.

Encadrado na colección “Fóra de xogo”, ¡Maldito DNI! é un tomo de pequeno tamaño e áxil leitura, que nun par de horas remataremos sen complicacións. Recomendable para todos aqueles que algunha vez pensaron coma o señor Olimpio.

Total
Calificación
Artigo anteriorO Rei Lagarto
Seguinte artigoH.P. Lovecraft: A Life
%c2%a1maldito-dniRecomendable para todos aqueles que algunha vez pensaron coma o señor Olimpio.