H.P. Lovecraft: A Life

3320

S.T. Joshi
Idioma: Inglés
Necronomicon Press, 1997

Biografía do que foi o máis importante autor do xénero de terror do século XX, este libro aparecido nos Estados Unidos no ano 1996 (en realidade no 97, porque a versión en tapa dura foi tan limitada que seica esgotou-se nuns poucos días) e inda sen tradución ao español nin “por suposto” ao galego é unha pequena alfáia que ningún admirador da figura de Howard Phillips Lovecraft debería perder-se.

Escrita dende un punto de vista de simpatía co autor e coa súa obra, pero inda así sen perder o necesário tón crítico, S.T. Joshi fai un percorrido exhaustivo pola vida de Lovecraft, de tal xeito que non deixa sen explicación ningunha as moitísimas dúbidas e falsos mitos que durante todos estes anos fóron-se acumulando sobre el.

En efecto, mália o seu xigantesco volume de correspondéncia, a figura e a obra de Lovecraft permanece ainda hoxe baixo un escuro e moitas veces interesado veo de iñoráncia e incomprensión que o fan ser inxustamente relegado do círculo de grandes literatos do século XX.

Con este tomo, todas as ideias falsas e mitos inxustificados son enxaugados por un autor coma Joshi que ten máis de 25 anos de estúdio de Lovecraft ás súas costas.

Para lér un comentário máis en profundidade deste libro, podéde-vos dirixir á sección A Chamada de Lovecraft deste mes.

Total
Calificación
Artigo anterior¡Maldito DNI!
Seguinte artigoEl Gen
hp-lovecraft-a-lifeMália o seu xigantesco volume de correspondéncia, a figura e a obra de Lovecraft fican inda hoxe baixo un escuro e moitas veces interesado veo de iñoráncia e incomprensión.