C.J. Henderson
Tradución: Aurora Echevarría
Plaza & Janés, 1998
Idioma: Español
Isto si que é terror! Auténtico e puro terror, do que mete medo atá ós máis valentes dos leitores. Eu nunca pasei tanto medo como cando após de lér este libro comecei a reflexionar sobre por que unha novela tan mala pode non só ser publicada nos Estados Unidos (lóxico, por outra banda) senón mesmo tér un grande éxito, e chegar traducida a España. Piedade! É que non hai por aquí autores un millón de veces millores ca este?
Había moitos anos que non lía algo tan malo. De feito, lembroume ós meus próprios escritos, de cando eu tiña once anos e me adicaba a escribir noveliñas nos descansos das clases. Un argumento patético, unha cópia burda e descarada dos Mitos de Cthulhu, unha chea de espantosos clichés, un desenrolo infantiloide, uns persoaxes que semellan extraídos dalgunha película de Ed Wood, por non falar dos delirantes diálogos, dignos do xogo dun neno: “Onde estará a base dos monstros?”. Dun neno sen imaxinación, claro. Que os nenos tampouco son parvos.
O suposto argumento xira ó redor dun detective privado con poderes místicos (uau!) que un bó día, na súa oficina, recibe a visita dun monstro, un Profundo lovecraftiano pero con alas. Após de mata-lo coa axuda do conserxe (socorro!!), chega unha bela mociña (o que faltaba) e explica-lle ao “Jamfri-Rappel” que os monstros lle perseguen, e que vai ser a fin do mundo. De veras que se isto non é o peor argumento da história da Literatura, pouco lle falta.
Non son partidário da queima de libros, pero ás veces, ás veces…