Jaureguízar
Xerais, 1999
Novo título da colección “Fóra de Xogo”, neste caso dun autor adicado máis ben a iso que chaman bravú ou non sei ben o que. En todo caso, un experimento que non saíu do todo mal, sempre tendo en conta que toda esta colección vai dirixida a nenos e xoves e que non-a podemos considerar literatura séria, con tódolos perdóns.
O argumento vai sobre un fareiro que un día decide converterse en pirata, deses dos vellos tempos, co seu parche no ollo e a pata de pao. O comezo é moi interesante, cando ponse a busca-lo material que vai precisar, roubándoo nas tendas e no supermercado da vila, e logo indo buscar a tres tripulantes, que non saben moi ben se fiarse ou non daquel home, pero que aceptan porque están no paro e non teñen cousa millor que facer.
Cando todo semella ser un fracaso, todo o mundo “a bordo” da rocha onde está encravado o faro, a rocha comeza a se mover e a aventura comeza. Farán unha viaxe por mares estraños, de córes, con animais míticos, persoaxes misteriosos, e lugares enmeigados.
Todo un tributo á imaxinación, que ó cabo, remata dun xeito pouco ortodoxo e bastante irracional, o que estraga todo o anterior, cando xusto comezabamos a crér que descubríramos un bó continuador dos contos de Cunqueiro.
Nembergantes, un libro que paga a pena ler, especialmente aqueles que seguen a crér que os piratas eran boa xente, os fans de Peter Pan e algún que outro despistadiño, que se levará unha sorpresa non do todo desagradable, en tan só un par de horas de leitura amena.