Selected Letters, V

1959

H.P. Lovecraft
Arkham House, 1976
Idioma: Inglés

Velaquí outra desas raras pezas de coleccionista que todo bó amante de Lovecraft debería tér, ou alomenos, esixi-la súa traducción para que tamén o poidamos disfroitar aquí. Claro que agora con isto da Internet, o que non ten libros en inglés é porque non quere, e quen non sabe inglés, pois que vaia aprendendo (iso si, o galego é o primeiro, por suposto).

Con este tomo, publicado en 1976, a Editorial Arkham House pechou a súa colección de cartas seleccionadas de H.P. Lovecraft. Coma ben saberedes, o mestre de Providence pasouse média vida escribindo cartas, e polo que se mira, moi interesantes. Eu decedinme a merca-lo tomo quinto por se-lo derradeiro e polo tanto expresarse nel as opinións máis avanzadas e máis perfeccionadas de Lovecraft. E abofé que é así, porque neste libro imos atopar un Lovecraft seguramente moi distinto de todo aquelo que moitos imaxinan.

Claro que para comezar, habería (unha vez máis, pero aquí xa é demasiado descarado) que chama-laatención sobre esa introducción falsa na que Lin fai un suposto repaso ó pensamento lovecraftiano. Xa chega un intre no que non se sabe se é por iñoráncia ou por auténtica mala fe, pero resulta incrible e patético que na introdución se nos describa a un Lovecraft pouco menos ca filonazi e feixista e logo nos atopemos que nas súas cartas se autodefine coma socialista e admirador de Roosevelt e do “New Deal”.

É que o introductor nin tan sequera leuse o libro antes ou é que quere sinxelamente camelarnos? De calquera xeito, é unha leitura moi interesante por moitos outros motivos, á parte de tentar descubri-lo que pensaba o creador de Cthulhu. Se queredes un repaso máis amplo, consultade a sección deste mes de A Chamada de Lovecraft.

Save

Total
Calificación
Artigo anteriorA rutina corsaria
Seguinte artigoPórtico
selected-letters-vÉ unha leitura moi interesante por moitos outros motivos, á parte de tentar descubrir o que pensaba o creador de Cthulhu.