Terry Pratchett
Título Orixinal: Sourcery
Tradución: Cristina Macía
Plaza & Janés, 1988
Idioma: Español
Seica por fin Terry Pratchett comeza ter algo de éxito en España, e non é por nada, pero (será un mistério deses) cando os prezos dos libros baixan, véndense máis. ¿A que credes que se pode deber? Ben, o que para nós é evidente, para as editoriais é un mistério sobrehumán.
En Rechicero volvemos atopa-lo noso persoaxe favorito, a Rincewind, xa pleamente integrado na Universidade Invisible, inda que coma sempre, sen saber nin un chisco de como facer verdadeira máxia. E desta volta, vaille ser máis necesário ca nunca, porque o seu inimigo, e o de toda a humanidade, será un “rechicero”, o oitavo fillo dun feiticeiro.
Esta caste de feiticeiros son tan poderosos que é precisamente por iso polo que se obrigou no seu día a garda-la castidade ós meigos. Pero agora ven de nacer ún, e todo o mundo está en perigo, inda que só sexa un neno. O seu pai, que habita inda dentro do seu caxato de metal, manéxao coma a un monicreque, e a súa intención é vingarse dos meigos que o expulsaron.
Hai quen di que para poder ler a Pratchett, tes que ser un incondicional primeiro da Literatura fantástica, logo do subxénero da espada e bruxería, e finalmente, do mesmo Pratchett. Pero a verdade é que se lés a Pratchett, haste converter de contado nun fan de todas esas cousas. E iso é polo de agora o millor que se pode dicir dun escritor.