Manuel Seixas
Ed. Xerais, 1999
Col. Narrativa
Corre o ano 2120 e o mundo está convertido nun espazo de realidade virtual e de submisión ao líder. As xentes carecen dunha identidade de seu que lles impide saber quen son ou que é o que están a facer no mundo.
Fronte a este panorama frío e desolador os personaxes tentan atopar a a súa identidade persoal, o sentido da súa existéncia a través do labirinto de información mediatizada que bule ao seu arredor.
Os sentimentos e a paixón amorosa serán os médios empregados para saír dun mundo gobernado pola razón e a tecnoloxía.
Unha novela de ciéncia ficción chea de referéncias a outras obras clásicas do mesmo estilo, onde fican mesturados o mistério, a acción e os sentimentos.
Unha fantástica viaxe polo futuro onde Manuel Seixas deixa ao abeiro do lector as respostas das eternas preguntas da humanidade.