El príncipe de las tinieblas

1934

Capa do libroC.J. Henderson
Tít. Orixinal: The things that darkness hides
Plaza & Janés, 1993
Tradución: Sonia Tapia
Idioma: Español

Un home vende a súa alma ao diaño. Un sacerdote amigo seu solicita axuda a Teddy London, confiado en que os seus poderes paranormais lle permitan realizar o exorcismo. Pero en canto London intervén, o espírito manifésta-se de xeito estremadamente violento, ocasionando a morte a várias persoas (nestas novelas, cantos máis morran, millor).

Recorrindo á súa capacidade para entrar no plano dos soños, London enfróntase por segunda vez ao demo… ou non é realmente un demo? Sexa ou non, tráta-se dun imimigo moi poderoso e o noso detective do paranormal deberá esforzarse ao máximo.

Había unha película titulada “O príncipe das mareas“, que era un peñazo inaturable e que non sei por que motivo, me recorda moito a este libro. Pero aquí non sae Barbra Streisand nin Nick Nolte, senón o “detective do sobrenatural”, Jack London, a quen o autor tivo o mal gusto de nos presentar no seu anterior traballo (xa comentado en NOVA), Enemigos de la luz.

Nesta ocasión os malos xa non son os monstros lovecraftiáns nin os vampiros de terceira división, senón o mesmísimo demo. Ui, que medo, dirá algún. Pois coma sempre, Henderson dános a súa particular visión do monstro de turno, e desta volta, o demo resulta ser coma o de “O meigo de Oz“, pero inda máis parvo. Supoño que todo é froito de escribir as súas novelas despóis de lér os cómics de Forges, porque se non, eu non mo explico.

Total
Artigo anteriorBailarina
Seguinte artigoLas puertas del infierno
el-principe-de-las-tinieblasSupoño que todo é froito de escribi-las súas novelas despóis de lé-los cómics de Forges, porque se non, eu non mo explico.