El último día

1710

Glenn Kleier
Tít. orixinal: The last day
Tradución: Antonia Kerrigan
Plaza & Janés, 1997
Idioma: Español

Corren os derradeiros días do ano 1999 e todos os aparvados do mundo pensan que o novo milénio está por caer. Entre eses aparvados están todos os protagonistas deste libro, agás por suposto a heroína. E iso vai ser grave.

Ben, comecemos dende o princípio: isto vai sobre un periodista dunha canle que ben podería ser a CNN, pero que é outra. Está destiñado en Xerusalem, onde a febre milenarista é máis patente. E alí, por mor dun experimento secreto do exército israelí, combinado cunha casualidade (un meteorito cae sobre as instalacións militares, destruíndoas), vai nacer unha muller, que se autoproclama coma a nova enviada de Deus. O seu nome non é “Xesús II” nin Susiña, senón Jeza (que pronunciado en inglés soa coma “Llisa”, ou sexa, o feminino de “Llis”, que é a pronúncia de Xesús en inglés). Coma é de supoñer, tal muller ergue todo tipo de reaccións. Uns cren nela, e outros non. Seica os seus miragres non deixan lugar a dúbidas, pero inda así hai xente que se resiste, coma o Papa no Vaticano, e especialmente, os seus malvados acólitos, os xesuitas.

Aos americanos encántalles iso dos tópicos. E este libro é un tópico tras doutro. Non importa que se conten mentiras tremebundas e fóra de todo límite, o que interesa é destacar que os xudeus e os evanxelistas son os bós, e os católicos son uns pechados de mente. Non é que eu non estea de acordo, pero supoño que o feito de que o autor sexa xudeu non ten ren que ver, claro.

Mal documentado, escrito por un completo ignorante en temas relixiosos, especialmente no que respecta ao catolicismo, alomenos o interese do libro permite i-lo lendo aproximadamente atá a metade. Alí é cando xa se fai inaturable, e o final, totalmente cantado. Esta nova enviada de Deus deixa claro que está a favor do aborto, do divórcio, da homosexualidade, e por suposto, contra os luxos da Igrexa católica. Non así contra os das outras igrexas, porque coma ela mesma sí, “as da igrexa católica son moito piores”.

En fin, que así é a vida. E nós non temos máis remédio que declarar que este libro é un completo fiasco. Igualiño cá nova Mesías. Dende logo, se esta muller aparecera de verdade e fose de verdade a Mesías, seguro que eu me condeaba ao inferno. Se é que non hai espranza para min!