El espectro del Titanic

1882

Arthur C. Clarke
Tít. Orixinal: The Ghost from the Grand Banks
Tradución: Ana María de la Fuente
Plaza & Janés, 1990
Idioma: Español

Estamos no ano 2010. Dentro de dous anos cúmpren-se os 100 dende que o Titanic afundira no médio do Atlántico, e os seus restos, atopados hai moito tempo, están agora a piques de rexurdir, por mor da iniciativa de dúas persoas con moitas ganas de gastar os cartos en empresas dubidosamente lucrativas.

Unha obra que xa ten algúns anos (coido que é do 91), e na que Clarke, seguramente por última vez, daba as súas particulares previsións para o ano 2000, que é o que acontece neste libro.

Pero o de facer de Rappel non se lle dá ben nin a Rappel, así que xa podedes imaxinar o que é desta obra hoxendía. Dicir que está desfasada é pouco: a única parte que acerta é a da alarma polo Efecto 2000 nos ordenadores, pero segundo el, existe un programiña que o arranxa todo, e claro, o seu autor fai-se millonário. E cos millóns decide patrocinar a recuperación do Titanic.

Claro que o Titanic é moito Titanic e non se deixa recuperar, pero non porque sexa imposible (isto sabémo-lo hoxe, que está partido en tres e é imposible de poñer a frote de novo) senón por mor das “circunstáncias”. Ai, “os elementos”… xa afundiron á Armada do Filipe Segundo, e seguen a facer das súas!

Total
Calificación
Artigo anteriorEl último día
Seguinte artigoLa carretera maldita
el-espectro-del-titanicUnha obra que xa ten algúns anos, e na que Clarke, seguramente por última vez, daba as súas particulares previsións para o ano 2000, que é o que acontece neste libro.