Stephen King
Tít. Orixinal: Roadwork
Plaza & Janés, 1981
Tradución: Joseph M. Apfëlbaume
Idioma: Español
Barton Daves é un home disposto a non se deixar asoballar polas ruindades do progreso urbá, e inda menos se éste materialízase na forma dunha estrada que pasará por diante da súa casa e mudará a súa apacíbel existéncia. Así pois, Barton ármase cunha Magnum 44, un fusil de alta precisión e mesmo unha provisión de explosivos (todo o cal é ben doado de acadar no “país máis libre do mundo”), decidido a impedir a construción da estrada a calquera prezo.
Escrita baixo o pseudónimo de Richard Bachman, o rei do terror preséntanos unha obra que non ten ren de fantástica, e mesmo pouco de terrorífica. Porque todo o que nos dí resulta ser de actualidade. Un señor que se volve tolo por mor da autoestrada que lle van facer xusto pola metade da súa casa, e que decide proveerse de explosivos para montarse unha esceniña que non é por nada, pero semella unha festa de monxas ó lado doutras cousas que si que aconteceron na realidade, coma aquilo de Waco (Texas), ou mesmamente calquera desas masacres nos coléxios americanos que acontecen día si e día non.
Inda así, e con todo, é unha novela áxil, coma tódalas de King, doada de lér, e que paga a pena descubrir de entre a produción menos importante do mestre do terror, pero que de tela escrito calquera outro autor, seguramente sería tamén un supervendas.