Título orixinal: Les celtes. Les dieux oubliés
Marcel Brasseur
Editorial ToxoSoutos. Série Keltia, 1999
Idioma: Galego
Quen sabe, ainda hoxe, que o universo mental dos Celtas, os nosos antepasados, é o producto da fusión de dúas culturas: aquela dos agricultores neolíticos dos megalitos, sedentários adoradores da Terra Nai e do deus fecundante da Tempestade, e aquela dos indoeuropeos, povo guerreiro cun panteón de cinco deuses activos?
Despregándose dende as chairas do Póntico norde, eles conquistaron o mundo, dende a Índia atá Irlanda, hai xa moito tempo… Esta gradiosa simbiose deu forma ó Occidente céltico, ese império abortado, atá que a romanización, despóis a cristianización, aniquilou atá a lembranza dun modo de pensar que foi o património relixioso común de Europa durante mil anos.
É este universo mítico o que o autor intentou reconstruir aquí, coa finalidade de facer accesible o maior número de datos esquecidos dunha paisaxe mental desaparecida.
Deuses de soberanía terrible ou benfeitores, deuses da guerra, deuses protectores das artes e das técnicas e a Grande Deusa Multiforme proliferan aquí, para o pracer daqueles que, na procura das súas orixes, irán á descoberta dun mundo cultural despóis dun longo esquecemento.