Manuel Yáñez Solana
Edimat Libros, 1998
Español
Nados nos bosques de Xermánia para seren heroes, combatían espidos e levaban as cabezas dos seus inimigos penduradas das toscas selas. Cando lles cravaban unha lanza, arrincábana e seguían combatendo até morrer de pé. Eran os celtas, un mito, un enigna, unha maldición… ou o máis extraordinário! Todos os elóxios e todos os reproches se lles poden facer, porque tiveron nas súas mans o mundo, e perdérono por un absurdo senso do inmediato.
Amparáron-se nos druidas, que eran meigos, sacerdotes, médicos, xuices, astrólogos, adiviños e os creadores das máis fabulosas lendas que se escrebiron en Occidente. Eles ensinaron que aos mozos se lles educa como indivídios, nunca como borregos. Pero introduciron os sacrifícios humáns, aos que se emprestaban os mozos máis fermosos e valentes, co fin de que os deuses deixasen de atormentaren ao seu povo. Tamén amaban á muller, porque a consideraban o seu igual, ou acaso, máis brava que calquera home, alomenos cando cría que os seus se atopaban en perigo.
Estamos a reflectir aos celtas antigos, ao mito cargado de enigmas. Pero o que ficou deses heroes? Puideron ser inmortais como lles prometía a súa relixión? Á caso seguen connosco?
Manuel Yáñez Solana resposta a estas preguntas, xunto a outras moitas máis, ao mesmo tempo que desenvolve unha história real, inda que en ocasións chegue parecer fantástica, como se estivera a escribir unha novela histórica, á que non lle falta ningún dos elementos para ser toda unha epopea lendária, das que fascinan, e, á vez, estremecen.