Tanith Lee
Headline Feature, 1993
Inglés
De pel branca e cabelo negro, Sovaz é fermosa e rebelde, inda que aparentemente sen alma, como se fora vampirizada por algunha forza descoñecida. Muller dun marido moi rico pero vello, é o adorno de prémio da súa colección de trofeios, inda que está a xogar cun inxénuo amante americano. E mentres os destinos deste trío maldito converxen, nalgures fóra do marco da fiestra incandescente unha creatura da escuridade prepárase para se alimentar…
Velaquí unha novela e doce relatos curtos que abranguen toda a riqueza e a variedade do talento único de Tanith Lee.
Esta fascinante e desacougante colección invoca unha nova e terrorífica luz sobre esa antiga creatura mítica, a serea… invoca con precisión o derradeiro perigo da fascinación humana co gato doméstico… introdúcenos no palpitante terror dos ladrillos e o morteiro con vida de seu… investiga a escuridade e a marabillosa lenda dos espíritos das árbores, e o tantalizante encanto doutras obsesións carnais.