Título orixinal: The demon-haunted world
Carl Sagan
Editorial Planeta, 1998
Español
Estamos ao bordo dunha nova idade escura de irracionalismo e superstición? Neste libro conmovedor, o científico de renome internacional Carl Sagan demostra, argumentándoo con brillantez, que o pensamento científico é necesário para salvagardar as nosas institucións democráticas e a nosa civilización técnica.
El mundo y sus demonios é máis persoal e está máis cheio de histórias humanas entrañables e reveladoras que todo o escrito por Sagan anteriormente. O autor, coas experiéncias da súa própria infáncia e a apaixoante história dos descobrementos da ciéncia, mostra como o método do pensamento racional pode superar prexuizos e supersticións para deixar ao descoberto unha verdade que, con frecuéncia, resulta abraiante.
Desenmascara de xeito convincente as “abducións por extra-terrestres”, os “canalizadores”, o fraude dos curandeiros, a “Cara” de Marte, entre outras moitas falácias. Rexeita, asemade, a ideia de que a ciéncia destrúe a espiritualidade ou de que é outro sistema arbitrário de crénzas. Pregúnta-se por que a actividade científica adoita ser hoxe estigmatizada, discute os perigos de utilizar mal a ciéncia e fornéce-nos cun “método de detección de calotes” válido para o pensamento político, social e relixioso.
O libro, lamentabelmente, converteu-se no testamento de Carl Sagan, finado hai uns poucos anos. Se non fora pola ás veces penosa tradución, estariamos perante unha obra perfecta. Así que soamentes debémo-la calificar como obra mestra.