Título orixinal: Vathek, conte arabe
William Beckford
Alianza Editorial, 1993
Español
Posuidor dunha inmensa facenda que dilapidara á hora da súa morte, coñecido de Mozart e Voltaire, viaxeiro, orientalista, bibliómano e coleccionista de arte, William Beckford (1760-1848) foi un aristócrata romántico inglés cuxa vida excéntrica acabou levándoo á ruína e afundindo a súa carreira política. Autor de dous interesantes libros de viaxes, debe a súa fama, nombergantes, aos seus relatos fantásticos de curte oriental, entre os que sobresae a súa obra mestra Vathek.
Escrita orixinalmente en francés e froito dunha balbordenta velada acontecida a finais de 1781 en Fonthill, que prefigura a de Villa Deodati de 1816 onde haberían de se axuntar os cúmios do romanticismo fantástico inglés (Shelley, Byron, Polidori), a obra narra a história do califa homónimo, persoaxe desmesurado a quen a súa sede de coñecemento acaba precipitando no Palácio do Lume Subterráneo, a morada de Iblís, o Inferno, onde atopa a outros dous príncipes condeados, que lle relatan, á súa vez, as súas desventuras, dando lugar aos tres “Episódios”, narracións practicamente autónomas que, por mor de diversas e desafortunadas circunstáncias, viñeron até agora publicándo-se separadas do texto orixinal que as motivou.
A presente edición, preparada, anotada e prologada por Javier Martín Lalanda, corrixe esta omisión histórica e reúne por primeira vez en español o texto íntegro dun relato que xunta ó exotismo do marabilloso e do conto oriental a truculéncia da narración gótica e un peculiar e irreverente senso do humor, elementos que fan del ún dos fitos da literatura fantástica anterior ó século XX.