La secta sin nombre

1297

Título orixinal: The Nameless
Ramsey Campbell
Editorial Agata, 1988
Español

Barbara sofriu dous durísimos golpes na vida: o seu home morreu dun infarto cando ela estaba preñada, e a súa pequena filla Angela foi raptada e asasinada cando só contaba catro anos de idade. O cadáver da nena apareceu esnaquizado e a identificación, por médio das roupas, foi incerta.

Pouco a pouco, Barbara consegue superar a súa dór e na actualidade é unha axente literária de éxito, que vive soa e mantén unha boa relación sentimental cun editor. Até que un día… unha chamada telefónica volve alterar a súa existéncia. Na distáncia, unha voz asegura ser Angela e di: “Mamá, te necesito“.

A partir dese intre acontecen unha série de feitos misteriosos, como se alguén deixara pistas perversas para induci-la a crér que a súa filla inda segue viva. A voz cíta-a nunha casa deshabitada na que até hai pouco moraba unha seita sen nome, coñecida porque practicaba cultos satánicos e cuxos crimes lembraban aos da família Manson.

Edición barata, cheia de erros tipográficos e enormes fallos do tradutor, pero que ten o seu interese pola película do ano pasado do mesmo título, que inda que se fixo en España, din que non foi mala de todo. A ver se sae en vídeo. A novela en si, como as deste autor: unha boa ideia orixinal, malos persoaxes, situacións incríbeis ou imposíbeis, moita acción tipo “Starsky e Hutch”, e un desenlace estilo “volta de rosca”.

Total
Calificación
Artigo anteriorVathek, cuento árabe
Seguinte artigoLa casa en el confín de la Tierra
la-secta-sin-nombreEdición barata, cheia de erros tipográficos e enormes fallos do traductor, pero que ten o seu interese pola película do ano pasado do mesmo título, que inda que se fixo en España, din que non foi mala de todo.