La casa en el confín de la Tierra

550

Título orixinal: The house on the borderland
William H. Hodgson
Editorial Valdemar, 1998
Español

William Hodgson é sen dúbida ún dos representantes máis orixinais do que se deu en chamar o “conto materialista de terror”. A abraiante facilidade de Hodgson para recrear atmosferas anguriosas e oprimentes fascinou a H.P. Lovecraft e aos escritores do seu círculo.

A propósito desta obra, dicía Lovecraft: “A casa na fin da Terra – quizáis a millor de todas as obras de Hodgson – trata dun caseirón solitário e temido de Irlanda, que constitúe o centro de espantosas forzas do alén, e soporta o asédio de híbridas e blasfemas anormalidades que xurden de secretos abismos inferiores. Os vagabundeos do espírito do narrador durante ilimitados anos-luz do espazo cósmico e kalpas de eternidade, e a súa asisténcia á destrución total do sistema solar, son algo case único na literatura fantástica. Polo demáis, ao longo da história pon-se de manifesto a capacidade do autor para suxerir horrores vagos e emboscados nun escenário natural“.

Claro que isto é o que dicía Lovecraft, sempre amable en exceso cos seus colegas escritores. A verdade é que a obra ten os seus momentos, pero é aburrida e difícil de lér. Desfasada e só apta para os máis fanáticos lovecraftianos, desexosos de estudar as orixes do mestre.