Muerte entre bastidores y otros cuentos macabros

1564

Título orixinal: Death in the Wings
Bram Stoker
Celeste Ediciones, 1999
Español

Para a maioría dos leitores, Bram Stoker (1847-1912) segue a ser sinxelamente o home que escribiu Dracula. Esquecen así as súas restantes novelas e o seu longo repertório de relatos curtos, a maioría deles tan intensos, orixinais e vixentes como a obra que lle deu a fama. Publicados en diferentes revistas ó longo da súa vida e moitos deles totalmente esquecidos e perdidos até que estudosos e eruditos os rescataron recentemente, os contos de Stoker amosan tamén a forte persoalidade do seu autor, as súas habilidades como narrador e a súa obsesión polo extraño, o sobrenatural e esotérico ou, sinxelamente, polo lado máis escuro do ser humán.

Nesta antoloxía, o leitor atopará várias das excursiones de Stoker no terreo do horror, a meirande parte delas inéditas en español: A cadea do destino, história de pantasmas na millor tradición gótica, As almas xemelgas, conto salvaxe e cruel que antecipa a moderna literatura de humor negro, O regreso de Abel Behenna, relato de ambiente mariño cercano ó espírito de Robert Louis Stevenson, Morte entre bastidores, crónica dun sórdido crime que se desenvolve no mundo do teatro e baseada nun suceso real, ou O home de Shorrox, un simpático cadro de costumes cheio do gracexo irlandés e algún que outro detalle macabro.

Total
Calificación
Artigo anteriorLa casa en el confín de la Tierra
Seguinte artigoArtifex Segunda Época nº2
muerte-entre-bastidores-y-otros-cuentos-macabrosNesta antoloxía, o leitor atopará várias das excursiones de Stoker no terreo do horror, a meirande parte delas inéditas en español.