Vários Autores
Español
O segundo volume de Artifex Segunda Época é unha escolma de relatos fantásticos que tan só teñen en común (ademáis do seu tamaño tipo conto, por obrigadas razóns) o feito de ser escritos por autores españois, polo que e a falla doutra cousa millor, é obrigado recoñecelo como unha excepcional ocasión de como se adoita dicir, “pulsa-lo estado actual” da literatura fantástica no noso país veciño, onde a tradición é escasa pero a afección moita.
Os relatos en si conteñen un pouco de todo: comezan cunha ucronía do que puido acontecer se Felipe II visitara as súas colónias de América (a verdade é que nunca visitou nin tan sequera as de Galiza), nun exercizo algo cobizoso de fidelidade histórica, que por elo resulta un pouco aburrido inda que moi orixinal, e seguen por toda unha cheia de relatos nos que hai mundos futuros (La patinadra) e oníricos (Destino Soberbia). Mención especial merecen ó noso entender dous dos contos: Gómez Meseguer y el Ogro Santaolaya, non en van gañador de innumerables prémios o ano pasado, unha história clásica pero ó tempo incriblemente revolucionária sobre un “cazador de ogros” dos nosos tempos, e El pequeño librito de las hojas color naranja, escrita nun estilo algo descoidado pero cun argumento digno do millor Cortázar, do que seica o autor se confesa admirador.
En resume, un pequeno volume que compre lér se non xa só polo seu contido, si para botar unha ollada ampla e desapaixoada ó actual panorama español do xénero fantástico.