Artifex Série Minor 8/9
Escolma de Ramón Muñoz e Juan Manuel Santiago
Español
De Profundis é unha producción que resulta certamente novedosa dentro do panorama fantástico en España, por canto se autodefine como “Antoloxía crítica”. E o que sinifica isto? Pois que xunto a cada relato, unha escolma deles que realizan Ramón Muñoz e Juan Manuel Santiago, aparece ademais unha crítica do autor. Ben, se cadra habería que chama-lo “reflexión crítica do conxunto da súa obra narrativa”, pero que se lle vai facer.
Muñoz e Santiago son dous expertos nesto de criticar: a verdade é que o fan ben, tanto, que cando rematas de ler algún conto pensando que era moi bó aí están eles para lles saca-las córes e descobrir novos matices, algo así como un acelerado curso de cata dos autores propostos, e que se sabes seguir ben, te levará a poder aface-los teus própios gustos para outros.
Porque, todo hai que dicilo, nesta antoloxía non figuran autores descoñecidos nin recén descobertos: León Arsenal, Armando Boix, Castrosín, Daniel Mares, Félix Palma e Vaquerizo son do millorciño que se pode atopar no xénero fantástico en español, todos eles con moitos prémios e traballos publicados ó lombo. Tan só restaba desexar que a escolma dos relatos fose axeitada, e coido que así foi, ou cando menos, representativa de cada ún dos autores.