Steven Spielberg ven de eliminar escenas de Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull que un extra que se foi da língua deu a coñecer nunha entrevista na que ofreceu unha boa cantidade de comentários que revelaban detalles do argumento do filme a un xornal da súa vila natal.
Spielberg e mais o produtor George Lucas obrigaron a todos os membros do reparto, extras incluidos, a asinar un contrato polo que se lles impuñan fortes restricións á hora de revelar ningunha parte do argumento, pero o extra Tyler Nelson, un indivíduo que seica fai un papel de soldado ruso bailarín ofreceu unha entrevista a un xornal chamado “Edmond Sun” en Oklahoma, na que revelaba algunhas partes do guión que os produtores de Indiana Jones non quixeron desmentir, polo que obviamente eran certos.
Spielberg, furioso con este lingoreta, eliminou decontado as escenas do filme, mudando sobre a marcha o argumento para evitar dar detalles aos fans.
Os produtores interpuxeron unha demanda contra Nelson, acusándoo de rachar o contrato de confidencialidade. O actor tivo que recoñecer que cometeu un erro e o xuizo pechou-se por acordo enrte as partes, se ben os detalles deste acordo non foron dados a coñecer aos médios de comunicación.