Finou a señorita Moneypenny

877

Lois Maxwell e Sean Connery A actriz Lois Maxwell, a inesquecíbel señorita Moneypenny nas películas de James Bond, morreu este sábado nun hospital australiano aos 80 anos de idade.

Maxwell, nacida na cidade canadiana de Kitchener, na província de Ontário, interpretou o papel da secretária do xefe do MI6, o servizo de espionaxe inglés, até en catorce ocasións, máis ca ningunha outra actriz.

Gañadora do Globo de Ouro á actriz revelación a finais dos anos 40 e cunha longa carreira en cinema e televisión, Maxwell será especialmente lembrada polo papel daquela secretária namorada de James Bond, coa que éste desplegaba todos os seus encantos.

A súa primeira actuación foi en Dr. Non en 1962, xunto a Sean Connery, e a derradeira, en Panorama para matar, en 1985, con Roger Moore.

En declaracións á cadea inglesa BBC, este último actor amosou-se apenado pola nova e lembrou a Maxwell coma unha excelente actriz e unha persoa “sempre divertida” e “absolutamente perfecta para o papel” de Moneypenny.

Moore laiou-se de que, unha vez que el deixou de interpretar a 007, ela non seguise nas películas protagonizadas por Timothy Dalton.