“Ola! Chámo-me Íñigo Montoya. Ti mataches a meu pai, prepára-te a morrer“. Esta é a frase máis relembrada dunha das millores películas fantásticas dos anos 80, A princesa prometida (1987).
Dirixida por Rob Reiner e interpretada por Cary Elwes, Robin Wright Penn, Mandy Patinkin e André o Xigante (que foi un popular loitador da WWF), a película cumpre este ano o seu 20º aniversário.
Para celebra-lo lanzará-se o vindeiro mes de novembro un DVD especial que incluirá unha demo do videoxogo True Love and High Adventure–The Official Princess Bride Game.
O xogo só estará dispoñíbel para o PC mediante descarga directa na Internet (o prezo ainda non se especificou) e irá dirixido aos xogadores ocasionais, así que é moi probábel que nin o control nin o desenvolvemento sexan moi complicados.
Esta iniciativa tentará aledar aos millóns de fans da película, ainda que seguro que a maioría preferiría un xogo de aventuras máis grande que profundizase nos detalles da longametraxe.