Final alternativo para Jericho

0
249

Carol Barbee, a produtora executiva da série post-apocalíptica que emite Telecinco Jericho, revelou nunha recente entrevista que se rodou un final alternativo para a vindeira segunda tempada, a fin de dar pé ao argumento á terceira tempada da mesma série.

A série, que fora cancelada por baixa audiéncia ao remate da súa primeira tempada, foi resucitada por mor dunha agrasiva campaña a prol da mesma que sostiveron algúns fans de liña dura, que enviaron toneladas de cacahuetes ao directivos da cadea CBS, en alusión á liña de diálogo mantida ao remate da tempada. A terceira tempada, con outros sete episódios xa gravados, escomezará a se emitir nos Estados Unidos a finais de xaneiro.

O remate que planeáramos tiña intención de ser un pago ao arco de sete episódios“, dixo Barbee no decurso dunha festa organizada para celebrar o lanzamento da série en DVD. “Non pechará a história completa, senón que amosará como podería ser a terceira tempada“. Se a série non obtén o permiso da cadea para se emitir novamente, “dará unha boa mitoloxía para entender que foi o que aconteceu“.

Cando volva a série, a pequena vila de Jericho, Kansas, estará de novo no caos total. O argumento rpesenta a situación dunha guerra con New Bern, o governo dividido en várias faccións que claman ser a lexítima. Unha desas faccións está en Cheyenne, Wyoming, así que o governo de Cheyenne chega a Jericho. O que acontecerá despóis é un mistério. Teñen que deter a guerra con New Bern, pero hai un plan secreto polo médio.