Halcyon fai-se cos dereitos de Dick

0
243

A empresa Halcyon ven de adquirir os dereitos para desenvolver filmes, séries de televisión, e outras producións baseadas nas obras do lendário escritor de ciéncia-ficción Philip K. Dick en conxunción coa Electric Shepherd Productions, a compañía que posúe os dereitos da herdanza de Dick. Os detalles deste acordo, ao que tivo acceso en primícia NOVA FANTASIA, ainda non foron dados a coñecer.

As obras de Dick xa foran adaptadas anteriormente en nove filmes, entre os que se inclúen Blade Runner, Desafío Total, Minority Report e A Scanner Darkly.

Estas obras inclúen máis de 120 contos e 45 novelas, verdadeiros clásicos coma Ubik, The Man in the High Castle, The Three Stigmata of Palmer Eldritch e The Transmigration of Timothy Archer.

A biblioteca e mais o legado do noso pai é moi importante para nós, e esforzarémonos en obtér os máis altos niveis de integridade para cada proxecto que produzamos baixo este novo acordo coa compañía Halcyon“, dixo nun comunicado a filla de Dick, Isa Dick Hackett, quen xunto coa súa irmá Laura Leslie é a propietária da Electric Shepherd.