Roberto Orci, quen xunto ao seu parceiro Alex Kurtzman é o autor do guión, confirmou que o filme está baseado nos persoaxes principais do capitán Kirk, Spock e mais o Dr. McCoy.
“Esa é unha grande parte do que estamos a facer“, revelou Orci. “Tedes razón en que a súa interacción e o xeito no que se enfrontan ao imposíbel é o tema principal de Star Trek, e iso non é diferente na nosa película“.
Nembergantes, Orci declinou comentar os rumores sobre o cásting. “Temos ideias, e algunha das que se rumoreou xa foi considerada [para Kirk]”, dixo. “Non estamos a agochar ren, coma estades a especular. Non é raro e tentamos acadar o millor reparto posíbel, mentres os teñamos para a rodaxe, iso é o que nos desacouga“.
Os penúltimos rumores especulan coa posibilidade de que o recén chegado Chris Pine estea en conversas para interpretar ao capitán James T. Kirk no vindeiro filme de Star Trek que dirixirá J.J. Abrams, uníndo-se asemade a Eric Bana, xa recrutado para interpretar ao principal malvado, Nerón.
Non está ainda aclarado se Bana interpretará a un persoaxe humano ou a un membro dalgunha raza álien, coma un Klingon.
O traballo máis salientábel de Pine até de agora fora o de protagonista masculino no filme de 2006 de Lindsay Lohan Just My Luck. Tamén interpretou a un asasino neo-nazi en Smokin’ Aces.
Entre os membros xa confirmados do reparto están Anton Yelchin coma Chekov, Zachary Quinto coma Spock e Zoe Saldana no papel de Uhura.
Orci deixou caer que outros persoaxes menores da série poderían aparecer tamén, coma o caso do axudante Rand ou a enfermeira Chapel. “Si“, engadiu, “non podo dicir cales. Preocúpannos todos, pero tede en conta que non podes meter a todos nun primeiro filme só por metelo. A nosa espranza é que este sexa o noso ‘primeiro filme’ de moitos, así que todo o mundo omitido estará decontado na lista para o segundo filme. É un factor de que pode tolerar un filme e como de ben pode funcionar un persoaxe, e se non pode funcionar axeitadamente, preferimos metelo despóis que tratalo mal agora“.
Orci dixo que Kurtzman e el completaron un novo boceto para o guión do filme. “É millor“, dixo. “É máis forte. O malvado é moito millor; nun primeiro esbozo tendes a te enfocar nos teus heroes. E teño que dicir que unha chea de cousas que limos nos portais de fans da Internet axudounos moito para este segundo esbozo“.
As nosas fontes indícannos que este Star Trek comezará a se rodar en novembro e rematará en marzo. O filme ten prevista a súa estrea para o día de nadal de 2008.