A Warner Brothers ven de adquirir os dereitos de distribución para América do Norde de Terminator Salvation: The Future Begins, dando comezo a unha produción para primeiros de 2008 dun filme que pretende reinventar a famosa saga dos cyborgs cun argumento que será narrado ao longo de tres películas.
O filme pretende relanzar a franquía cunha história ambientada no futuro, en plena guerra entre os robots da Skynet e a humanidade. A Warner planea lanzar Terminator Salvation no verán de 2009.
O guión xa foi completado polos mesmos escritores de Terminator 3 John Brancato e Michael Ferris, e agárda-se que axiña haxa un director para o proxecto. Non está claro se Arnold Schwarzenegger, o Terminator orixinal e actual governador de Califórnia, terá un papel no filme.
Os produtores dixeron que o novo filme terá o tamaño e mais o orzamento dos que dispuxera Terminator 3, o que suporá uns 200 millóns de dólares.
Asimesmo, a Warner está a producir unha adaptación da saga para a pequena pantalla, Terminator: The Sarah Connor Chronicles, que emite a canle Fox.