O Corvo

1675

Edgar Allan Poe
Urco Editora. Col. Gótica (2007)

O que se pode comentar dun clásico agás suliñar a súa nova publicación? Pois pouca cousa. Este libriño, case un folleto, é o primeiro esforzo da Urco Editora por atraer o galego ao xénero fantástico, un esforzo que habería que considerar titánico tendo en conta as actuais tendéncias que seguen a encadrar mesmo un poema coma este nun suposto pero inexistente xénero infanto-xuvenil, ou “de aventuras” para rapaces.

Esta edición conta co incentivo de ser bilíngüe, polo que non hai ren que temer ao respeito de perdas na tradución, sempre complicada no caso da poesía. The Raven é un poema narrativo, publicado por primeira vez en 1845 polo mestre do terror Edgar Allan Poe. A súa musicalidade, a súa linguaxe estilizada e a súa atmosfera sobrenatural axiña convertírono nun clásico irrepetíbel.

Nel nárra-se a história dun misterioso corvo que visita a un home que ven de perder á súa muller e que está preto da loucura por este motivo. O corvo entra na súa habitación e pon-se a repetir unha e outra vez a frase “Nunca mais” (Nevermore).

O poema foi axiña reeditado, parodiado e ilustrado por autores da talla de Gustave Doré ou Édouard Manet (no caso que nos ocupa, por Doré) e converteu-se nun dos máis famosos xamais escritos en calquera idioma. No número 5 de NOVA FANTASIA (verán de 1998) xa fixeramos unha ampla análise e reportaxe verbo dun dos clásicos que non poden faltar nos andeis de calquera que se prece afeccionado á fantasía, así que alí vos remitimos por se ainda desexades máis información.

Total
Calificación
Artigo anteriorPrimeiros candidatos aos Oscar
Seguinte artigoFinalistas do Philip K. Dick 2008
o-corvoEste libriño, case un folleto, é o primeiro esforzo da Urco Editora por atraer o galego ao xénero fantástico, un esforzo que habería que considerar titánico.