Programación de Sitges 2008

0
199

Sitges 2008Onte celebrou-se a primeira rolda de prensa anunciando o Festival de Cinema de Catalunya deste ano, e nela deu-se a coñecer o avance de programación.

A 41ª edición do festival celebrará-se do 2 ao 12 de outubro, e estará adicada ao filme 2001: Unha Odiseia no Espazo de Stanley Kubrick. Ademáis, o festival adicará unha retrospectiva á ciéncia-ficción que incluirá obras clásicas coma A fuga de Logan, O Planeta dos Símios, O Planeta Prohibido ou Encontros na Terceira Fase. Tamén incluirán-se grandes títulos europeos coma Barbarella, Solaris e The Man Who Fell to Earth.

Na sección oficial Fantástic teremos filmes coma Vinyan, Martyrs, Surveillance (dirixido pola filla de David Lynch, Chambers Lynch), Let the Right One In, Eden Lake, La Possibilité d’une île (de Michel Houellebecq, que adapta unha novela de seu), e Tokio!, unha fabula fantástica dirixida por Bong Joon-ho, Léos Carax e Michel Gondry. Haberá asemade filmes asiáticos coma Crows Episode 0, o novo de Takashi Miike, un fixo do festival, The Good, The Bad and The Weird de Kin Ji-woon, e The Chaser de Hong-Jin Na.

Fóra de competición exhibirán-se Blindness de Fernando Meirelles, JCVD, o falso biopic sobre Jean-Claude Van Damme, Synecdoche, New York de Charlie Kaufman, Repo! The Genetic Opera, e The Informers, adaptación da novela de Bret Easton Ellis dirixida por Gregor Jordan.

O festival lembrará tamén A Noite dos Mortos Vivintes no seu 40 aniversário coa presenza do seu director George A. Romero e de doutras actividades.

Na sección Midnight X-Treme poderemos ver Philosophy of a Knife de Andrei Iskanov, un filme que seica relata os experimentos xeneticos dos xaponeses na Segunda Guerra Mundial. Haberá maratón zombi con títulos coma Dance of the Dead de Gregg Bishop e filmes de serial killers coma a gravación doméstica Reality Killers.