Pattinson, o multimillonário

0
211

O vampiro mais de moda no mundo adolescente, Robert Pattinson, é a nova face que se incorpora ao reparto do vindeiro filme futurista de David Cronenberg, o thriller Cosmopolis.

A película intentará adaptar ao cinema a novela de 2003 de Don DeLillo, e nela Pattinson interpretará a un acha das finanzas que arrisca toda a súa inmensa fortuna apostando contra o ien xaponés nun día particularmente caótico. As súas decisións finalmente farán-lle ser o obxectivo dun intento de asasinato.

A maior parte do filme estará rodado no interior dunha limosina chea de monitores, na que viaxa Eric Packer (Pattison), un multimillonário de 28 anos ao que levan dun lugar a outro ao longo do filme.

No reparto da longametraxe xa figura Colin Farrell, mentres que Paul Giamatti e Marion Cotillard están a negociar a súa incorporación.