Ricky Gervais é a Toupeira

0
202

O actor Ricky Gervais porá-lle a voz ao persoaxe da Toupeira (Mole) na vindeira produción independente The Wind in the Willows, o filme que adaptará ao cinema o clásico da literatura de Kenneth Grahame escrita en 1908 O vento nos salgueiros misturando acción real con imaxes xeradas por computador na RG Entertainment.

A história enfáca-se en catro persoaxes antropomorfizadas nunha Inglaterra bucólica, na que están presentes valores coma o misticismo, a aventura, a moral e mais a camaradería.

O libro foi escrito en forma de cartas para o seu fillo e despois de se axuntaren nun só tomo acadaron a fortuna para Grahame, permitindo-lle deixar o seu emprego no Banco de Inglaterra. Grazas ao famoso guionista A.A. Milne, quen adaptou a obra para o teatro na peza Toad of Toad Hall, o libro acadou fama mundial.

Bill Marsilii (Deja Vu) escribiu esta adaptación ao cinema, que conta cun orzamento de 30 millóns de dólares baixo a dirección de Ray Griggs. A empresa Weta será a encargada de poñer os efectos especiais, nunha produción que terá lugar en Nova Celándia e que debe escoemzar a se rodar este mesmo ano.

O vento nos salgueiros é un clásico adaptado xa moitas veces antes ao cinema e á televisión. Unha longametraxe de debuxos animados de Ranknin e Bass de 1987, unha versión de 1996 coa aquipa dos Monty Python e mais un telefilme da BBC en 2006 son as adaptacións mais recentes, pero a mais salientábel é a série de televisión realizada con aminación stop-motion e que durou 52 episódios emitidos dende 1984 a 1990.