Elijah Wood ven de ser confirmado polo sítio Web semioficioso The One Ring para regresar ao seu papel de Frodo nas vindeiras películas d’O Hobbit na Warner Bros. Pictures.
O persoaxe de Frodo non aparece para nada na novela orixinal O Hobbit, pero nestes filmes poderémo-lo ver interpretado por Wood tan só na secuéncia inicial, escribindo o remate da escritura do Libro Vermello do Oeste, o manuscrito fictício escrito polos hobbits coma orixe da lenda do Señor dos Anéis creada por J.R.R. Tolkien. O libro é unha escolma de escritos nos que se narran os acontecementos de O Hobbit e mais de O Señor dos Anéis.
Por outra banda, a Warner Bros. Pictures foi confirmada para se encargar da distribución internacional destas precuelas. A MGM e mais a Warners pecharon o acordo polo que se reparten as labouras e dereitos de distribución nos cinemas, en vídeo e a nivel internacional, deixando nas mans da Warners case to do o peso, que inclúe uns gastos de marketing e promoción que algúns cifran en case 500 millóns de dólares, imposíbeis de asumir pola Metro nestes intres.