Os Smith no espazo

585

Will Smith e mais o seu fillo Jaden Smith, que xa traballaron xuntos anteriormente en The Pursuit of Happyness, volverán aparecer nas pantallas de cinema grazas a un novo filme de aventuras de ciéncia-ficción que polo de agora ainda non ten título, e que dirixirá M. Night Shyamalan para a Sony Pictures.

A história está ambientada nun futuro onde un rapaz ten que navegar nun planeta abandoado nunha nave espacial que se estrelou. A bordo tamén vai o seu pai.

Shymalan escribiu o guión xunto a Gary Whitta, mentres que o mesmo Shyamalan, Smith, James Lassiter, Ken Stovitz e Jada Pinkett Smith serán os produtores. O proxecto levaba anteriormente o título de One Thousand AE.