Bardem, pechado para a Torre

0
169

O actor español Javier Bardem está a piques de pechar o acordo polo que se converitrá no pistoleiro Roland Deschain no megaproxecto de películas para o cinema e séries para a televisión A Torre Escura que dirixirá Ron Howard, adaptando a saga de Stephen King para a Universal Pictures.

Bardem xurdiu coma o grande favorito no pasado mes de xaneiro após de que o seu rival polo posto, Viggo Mortensen, decidise aceptar a oferta para protagonizar Snow White and the Huntsman. Nombergantes, e ainda que dende aquela Mortensen xa abandonou o proxecto de Brancaneves, non regresará á Torre Escura.

O representante de Bardem está segundo din a rematar os derradeiros detalles do acordo e Howard poderá asemade ocupar-se do resto do cásting, unha vez decidido o actor principal. O trato tardou tanto tempo en se pechar debido á súa especial natureza: require que o actor estea dispoñíbel para facer tres películas no cinema e dúas tempadas nunha série de televisión.

A história está ambientada nun mundo alternativo, moi semellante ao Vello Oeste pero con elementos máxicos, e está enfocado no derradeiro membro dunha antiga orde de Pistoleiros e na súa procura por atopar unha torre, que é un elemento común a outros persoaxes e a outros universos.

A produción estará nas mans da mesma equipa que que fixo as adaptacións das novelas de Dan Brown O Código Da Vinci e Anxos e Demos: Akiva Goldsman no guión, Brian Grazer na produción e Ron Howard coma director. A rodaxe do primeiro filme escomezará xa no mes de setembro.