Xerxes perde o nome

0
222

O produtor de Os Inmortais Mark Canton ven de confirmar que a secuela de 300 xa non se titulará Xerxes, e que polo de agora ainda non decidiron qué título sustituirá ao nome do rei persa.

Con Zack Snyder comprometido para facer Superman Returns, un traballo que lle levará alomenos os vindeiros dous anos, é case seguro que deberán procurar a outro director. Snyder en todo caso podería traballar como supervisor ou coma produtor se chega o caso. “Axiña saberemos os que imos facer. Pero non coido que agardemos dous anos para facer o filme e Zack ten moito traballo que facer durante ese tempo“, dixo Canton nunha entrevista.

Snyder e mais Kurt Johnstad remataran e entregaran o guión hai xa meses, sobre o que Canton dixo que “sinto que se vai facer e que estamos preto“. Tal e coma se anunciara previamente, o filme escomezará cunha escena da batalla de Marathon e cubrirá a década que transcurre entre esa batalla e mais a das Termópilas.