Após de non poucos trocos, mudanzas e voltas atrás, seica que xa hai por fin un director decidido para a adaptación ao cinema da novela de Seth Grahame-Smith Pride and Prejudice and Zombies pola Lionsgate.
O libro de Grahame-Smith mistura en tón de humor e drama a clásica novela de Jane Austen de 1813 Orgullo e Prexuízo coas histórias de zombis e é unha versión alternativa da obra ambientada na Inglaterra do século XIX.
Craig Gillespie, o director responsábel de Lars And the Real Girl e do vindeiro remake de Fright Night, foi vencellado por primeira vez a este proxecto no pasado mes de febreiro, cando ainda soaban os nomes dos anteriores directores, David O. Russell e Mike White.
Nombergantes, o mesmo Grahame-Smith xunto con David Katzenberg xurdiron coma potenciais nomes para co-dirixir a longametraxe hai un par de semanas. Agora, xa pasado o tempo de consideracións, seica a Lionsgate ven de decidir-se por Gillespie, con que xa iniciou negociacións coa ideia de escomezar o antes posíbel.
Se todo marcha segundo o esperado, a rodaxe podería escomezar antes de rematar o ano.