O xurdimento dos símios

0
179

O remake —ou relanzamento, que ainda non está moi claro–, da 20th Century Fox da franquía d’O Planeta dos Símios ven de sufrir un novo cámbio de título. O proxecto escomezou titulándo-se orixinalmente Caesar, en referéncia ao persoaxe da cuarta entrega da saga Conquest of the Planet of the Apes. Despois foi renomeado a Caesar: Rise of the Apes e finalmente a Rise of the Apes, un título que levou até o día de onte.

Nombergantes, e aproveitando que ainda non apareceu nada de material promocional ou de tráilers oficiais, os estudos decediron a última hora mudar unha vez mais o título do filme, que pasará a ser Rise of the Planet of the Apes, o que semella servir para gardar unha liña de continuidade co resto da franquía.