Horowitz, guionista de Tintín

0
172

Hai xa case dous anos que Peter Jackson comentara que non tiña claro cal das dúas dúcias de histórias creadas por Hergé sería adaptada ao cinema na segunda entrega das aventuras de Tintín, ainda que As Sete Bólas de Cristal e O Templo do Sol eran as favoritas.

Agora, nunha recente entrevista, o escritor e guionista inglés Anthony Horowitz revelou que el será o primeiro en poñer-se a traballar na adaptación ao cinema da segunda longametraxe de Tintín: “O Segredo do Unicórnio foi dirixido por Steven Spielberg e tiña un guión orixinal de Steven Moffat, o guionista do Doutor Who neste país. Fixo un par de bocetos e logo foi sustituído por Edgar Wright… xa conseguiron que estea lista para o nadal e se ese filme ten éxito e funciona ben co público, eu escribirei a súa secuela, O Templo do Sol, que dirixirá Peter Jackson“.

O curioso do tema é que O Templo do Sol é a segunda parte d’As Sete Bólas de Cristal, polo que de ser certas estas afirmacións de Horowitz, a película escomezaría xusto na metade dun argumento, o dos sete arqueólogos que após de descubrir unha tumba inca son postos en coma un tras outro. Tintín e mais o capitán Haddock tentan resolver o mistério, cando o profesor Tornasol é secuestrado. E aí escomeza a aventura de O Templo do Sol.

Jackson e Spielberg xa falaron sobre facer un terceiro filme, pero é moi probábel que non se faga até non estaren seguros do éxito da primeira parte, que chagaráaos cinemas a finais deste ano.