Stiller no remake de Walter Mitty

0
180

Ben Stiller está a negociar a súa participación como protagonista no tantas veces anunciado remake do clásico A vida secreta de Walter Mitty para a 20th Century Fox.

O anterior boceto do guión foi xa desbotado e o escritor Steve Conrad (The Pursuit of Happyness) foi contratado para tentar unha nova aproximación á que se poida axustar o perfil de Stiller. Os estudos queren apurar-se e xa están á procura dun director, coa ideia de facer un filme familiar para todos os públicos que escomezaría a se rodar a finais de outono.

Baseado no clásico de 1947 protagonizado por Danny Kaye e Virginia Mayo, que á súa vez estaba baseado nun conto de 1939 escrito por James Thurber, o filme vai sobre un soñador cuxa rica imaxinación permíte-lle escapar das banalidades do seu mundo e da súa vida monótona e gris.

Os nomes de Jim Carrey, Mike Myers, Owen Wilson, Will Ferrell e Sacha Baron Cohen foran anteriormente vencellados a esta produción, mentres que realizadores coma Steven Spielberg, Ron Howard e Gore Verbinski tamén estiveron nalgún intre interesados no proxecto ou nas súas versións anteriores.