O xoven Ra's Al Ghul

0
208

O actor e modelo Josh Pence, quen interpretou aos xemelgos Winklevoss no recente éxito The Social Network,semella ser o elixido para interpretar ao maléfico Ra’s Al Ghul, o inmortal inimigo de Batman na terceira e derradeira entrega da triloxía do home-morcego de Christopher Nolan The Dark Knight Rises.

Segundo fontes internas, a mera preséncia dun novo Ra’s Al Ghul serviría para fornecer importantes pistas sobre o argumento deste filme: Pence aparecería en flashbacks ambientados trinta anos antes dos acontecementos que se narran en The Dark Knight Rises, o que pode vencellar-se co intento da Liga dos Asasinos (unha organización terrorista do universo da DC Comics, liderada nun comezo por Ra’s al Ghul) por se facer co pdoer en Gotham City grazas a un colapso económico, uns acontecementos mencionados de pasada polo Ra’s interpretado por Liam Neeson en Batman Begins.

En todo caso, Pence úne-se a un reparto no que xa están confirmados os nomes de Christian Bale, Michael Caine, Gary Oldman, Tom Hardy, Anne Hathaway, Joseph Gordon-Levitt e Juno Temple.