Miller dirixirá Deadpool

0
159

O artista dos efectos especiais de X-Men Tim Miller podería facer o seu debut coma director na longametraxe X-Men Origins: Deadpool para a 20th Century Fox.

Rhett Reese e Paul Wernick (Zombieland) foran contratados o ano pasado para escribir o guión do proxecto baseado no persoaxe que interpretou Ryan Reynolds no filme X-Men Origins: Wolverine, e espéra-se que repita o seu papel.

O persoaxe é o de Wade Wilson, un mercenário lingoreteiro que é sometido a un experimento militar para replicar o factor mutante de Lobeto. O experimento ten éxito, pero Deadpool resulta totalmente desfigurado.

Miller é o creador e propietário da Blur Studio, a empresa responsábel dos efectos especiais da adaptación d’A Torre Escura ao cinema da man de Ron Howard. O mesmo Miller dixiriu en persoa numerosos tráilers para videoxogos.