Desafío Total para Jessica Biel

0
215

Se a pasada semana falába-se da posibilidade de dúas incorporacións femininas ao remake de Total Recall que está a preparar o director Len Wiseman para a Sony Pictures, agora ven-se de confirmar que unha desas posibilidades é xa un feito, e que Jessica Biel interpretará ún dos dous papeis.

Tal e coma xa informamos previamente, o plan é achegar-se mais ao conto orixinal de Philip K. Dick We Can Remember It for You Wholesale e ambientar o filme nunha Terra do futuro no canto de en Marte, coma no filme de 1990. Nesta nova versión, Colin Farrell interpreta a un obreiro chamado Douglas Quaid que escomeza a pensar que é un espía, pero non sabe se traballa para Euromerica ou Nova Shanghai, unha das dúas superpoténcias que dominan o mundo.

Biel podería interpretar a Melina, a namorada de Quaid, e que ten un papel moi distinto ao que fixera Rachel Ticotin no filme orixinal. O outro posíbel papel é o da muller de Quaid, que interpretara Sharon Stone en 1990. Kate Bosworth e Diane Kruger son arestora os nomes que soan mais forte para se faceren con este persoaxe.