Tobey Maguire, na Vida de Pi

0
178

O actor que deu vida a Spiderman na triloxía de Sam Raimi, Tobey Maguire, ven de entrar no reparto da adaptación ao cinema da multipremiada novela de Yann Martel Life of Pi na Fox 2000.

A história vai sobre un rapaz (Suraj Sharma) que é o único supervivente dun naufráxio, e deberá sobrevivir a bordo dunha lancha no médio do océano, coa única compañía dunha hiena, unha cebra ferida, un orangután e mais un famento tigre de Bengala.

Maguire interpretaría a un escritor que entrevista a Pi xa de adulto (papel que fará Irrfan Khan) sobre esta experiéncia que lle mudou a vida. Gerard Depardieu, Adil Hussain e mais a actriz de Bollywood Tabu son os outros protagonistas.

Ang Lee (Hulk) dirixe a partir dun guión de David Magee (Finding Neverland). Maguire xa traballara anteriormente con Lee en The Ice Storm e Ride With the Devil.