Galifianakis fóra de R.I.P.D.

0
144

Zach Galifianakis ven de abandoar o reparto da comédia sobrenatural R.I.P.D. que tamén contaba coa participación de Ryan Reynolds no papel dun detective que morre en acto de servizo e é recrutado no Departamento R.I.P., unha forza policial de pantasmas onde terá a oportunidade de atrapar ao seu asasino. Galifianakis ía interpretar ao compañeiro de Reynolds, a pantasma dun pistoleiro do Vello Oeste.