Sheehan xa non é un Misfit

0
168

Segundo informan fontes da produtora, Robert Sheehan non repetirá o seu papel de superheroe na terceira tempada da série da televisión inglesa Misfits. A produtora executiva da série, Petra Fried, confirmou a decisión hoxe no decurso dunha convención de fans en Londres.

O persoaxe de Sheehan era Nathan, que apareceu dende o comezo coma protagonista, e será sustituído por outro rapaz, chamado Rudi. Nathan era un rapaz conflitivo, coma o resto do grupo, cuxo superpoder é a inmortalidade (alomenos se a morte é debida a un trauma, e non a causas naturais), e tamén ten o poder de ver as pantasmas dos recén mortos.

O casting para o papel de Rudi está aínda aberto. A marcha de Nathan e a chegada de Rudi serán explicados nunha série de curtas que aparecerán no sítio Web da E4, a canle que emite a série, antes de que escomece a terceira tempada, o que está previsto para finais deste ano.