Michael Shannon é o novo Zod

0
165

Michael Shannon (Revolutionary Road, Boardwalk Empire) é finalmente o actor elixido para interpretar o papel do infame xeneral Zod no próximo relanzamento de Superman no cinema, segundo confirmaron xa oficialmente fontes da produtora, a Warner Bros. Pictures.

O director Zack Snyder dixo que “Zod non só é ún dos inimigos mais formidábeis de Superman, senón ún dos mais sinificativos, porque comprende a Superman dun xeito que outros non chegan a alcanzar. Michael é un actor poderoso que pode proxectar tanto a intelixéncia coma a maldade do persoaxe, o que o fai perfecto para o papel“.

Shannon úne-se asemade a un reparto no que xa están confirmados os nomes de Henry Cavill coma o novo Clark Kent/Superman, Amy Adams de Lois Lane e Diane Lane e Kevin Costner nos papeis de Martha e Jonathan Kent. Charles Roven, Emma Thomas, Christopher Nolan e Deborah Snyder serán os produtores.